Curso de electrificación de bicicletas e-Reciclos (5 de xullo 2024)

O próximo 5 de xullo empeza a primeira das clases do “Curso de electrificación de bicicletas e-Reciclos“, organizado entre o Banco de Reciclaxe Electrónica de ESF Galicia e o Taller social Reciclos (Mobi-liza, Asociación por unha mobilidade responsable).

O curso contará con 4 ou 5 clases onde veremos tanto a teoría sobre as bicicletas eléctricas como algunhas prácticas onde poñer a proba o aprendido.

De momento so temos data para a primeira clase, o resto serán ao longo de xullo e agosto do 2024.

Data: venres, 5 de xullo
Horario: 16.00 a 18.00
Lugar: Taller social Reciclos (Avenida Labañou, 10. A Coruña, 15011)

Mapa en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/TSkM57HMzbcPMh7U9
Mapa en OpenStreetMap: https://www.openstreetmap.org/?mlat=43.37407&mlon=-8.42055#map=19/43.37407/-8.42055

geo:43.37407,-8.42055?z=19

Sobre o curso

Neste curso veremos as opcións que temos para converter en eléctricas as nosa bicicleta, consellos sobre mantemento e reparacións das bicis eléctricas, así como consellos para o mantemento das baterías dos aparatos eléctricos/electrónicos.

Tamén contará con prácticas sobre soldadura electrónica e iniciación á electrónica.

Temario

Podedes acceder ao temario completo e á teoría do curso nesta ligazón:
https://archive.org/details/curso-sobre-bicicletas-electricas/Temario%20do%20Curso%20sobre%20Bicicletas%20El%C3%A9ctricas/page/n1/mode/2up

Inscrición

Podes anotarte a este taller enviando un correo a:
bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es

Bici convertida a eléctrica

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio