Algunhas das imaxes que tomamos durante o “Curso de electrificación de bicicletas e-Reciclos“, organizado entre o Banco de Reciclaxe Electrónica de ESF Galicia e o Taller social Reciclos (Mobi-liza, Asociación por unha mobilidade responsable).
Sobre o curso
Neste curso víronse as opcións que temos para converter en eléctricas as nosa bicicleta, consellos sobre mantemento e reparacións das bicis eléctricas, así como consellos para o mantemento das baterías dos aparatos eléctricos/electrónicos.
Contou con prácticas sobre soldadura electrónica e iniciación á electrónica.
Temario
Podedes acceder ao temario completo e á teoría do curso nesta ligazón:
https://archive.org/details/curso-sobre-bicicletas-electricas/Temario%20do%20Curso%20sobre%20Bicicletas%20El%C3%A9ctricas/page/n1/mode/2up





















