Despois de rematar o “Curso de electrificación de bicicletas e-Reciclos” que organizamos no verán, coa xente interesada en seguir aprendendo sobre as e-bikes e aberto a quen desexe apuntarse, estamos organizando un “Grupo de reparación de bicis eléctricas” coa colaboración da xente de Reciclos (taller solidario da asociación Mobi-liza).

Quedaremos un día ao mes, pero aprender sobre o tema e reparar algunha bici.
A primeira quedada do grupo de e-bikes está programada para o xoves 26 de setembro, en horario de 16.30 ata as 18.30.
Data: xoves, 26 de setembro
Horario: 16.30 a 18.30
Lugar: Taller social Reciclos (Avenida Labañou, 10. A Coruña, 15011)
Mapa en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/TSkM57HMzbcPMh7U9
Mapa en OpenStreetMap: https://www.openstreetmap.org/?mlat=43.37407&mlon=-8.42055#map=19/43.37407/-8.42055
geo:43.37407,-8.42055?z=19
Inscrición
Podes anotarte a este grupo enviando un correo a:
bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es
