Repair Café en Teo – Sábado 5 de outubro

Mañá sábado día 5 a xente da Rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Galicia organizamos un Repair Café en Teo. Ademais das computadoras, tamén as bicis terán protagonismo, grazas ás compas de Composcleta.

Coma sempre, o que se busca e que sexades vós quen, co noso apoio, arranxedes os vosos aparellos. Tráete esa bici e/ou vella computadora que tes pola casa esqueciza para aprender todas xuntas a reparala e a alongar a súa vida útil. Por que xa sabedes, a prevención é a mellor forma de reparación.

A partir das 11h estaremos por alí: Rúa do Buxo 5, Os Tilos (Teo). Podes avisar escribindo ao correo ou ao teléfono que aparece no cartaz de abaixo.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio