Repair Café – 11 de abril de 2025

O próximo Repair Café organizado polo Banco de Reciclaxe Electrónica de ESF Galicia terá lugar:

Data: venres, 11 de abril de 2025
Horario: 17.30 a 20.30 horas
Lugar: Domus da Coruña, R. Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña

Mapa en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/ZcyXW9G84C1D7pLZ6

Mapa en OpenStreetMap: https://www.openstreetmap.org/?mlat=43.37761&mlon=-8.40625#map=19/43.37761/-8.40625
geo:43.37761,-8.40626?z=17

Mapa onde atopar a Domus na Coruña

Mini obradoiro sobre mantemento e reparación de bicis

Como novidade, a xente do Taller Social Recyclos virá a impartir un mini obradoiro (20 minutos) sobre un tema relacionado co mantemento e reparación de bicicletas durante o Repair Café, arredor das 18.00 horas.

Imaxes dos Repair Cafés anteriores

¿E iso dos Repair Cafés, que son?

Un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se te ocorra.

¡Ola! O noso Repair Café forma parte da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónico con Software Libre de Galicia, que ten varios obxectivos:

  1. A difusión das tecnoloxías libres e a soberanía dixital.
  2. A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil. Isto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.
  3. A redución da fenda dixital.

Actualmente existen 5 bancos en Galicia, que xorden da colaboración de varias asociacións e a implicación de ONG de carácter social, que nos permiten canalizar os equipos cara ás persoas que os necesitan.

Buscamos ir máis aló da reparación dos equipos, impartindo formacións sobre o uso destas tecnoloxías e talleres de reparación. Tamén damos charlas en institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación e qué ocorre coa súa eliminación.

Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia). Na Coruña, están implicadas persoas voluntarias da asociación Enxeñería Sen Fronteiras e Bricolabs.

cartel do repair café

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio