
Talleres tecnolóxicos gratuítos
Unha serie de talleres gratuítos de introdución a diferentes ferramentas ou proxectos libres que nos gustan en ESF (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia).
Non é necesario ter coñecemento sobre a materia a tratar, son todos talleres introdutorios.
Cando?
Do 7 ao 11 de xullo.
Horarios dos talleres:
https://cryptpad.fr/sheet/#/2/sheet/view/33Ryk6Q8mK4f9HwFC6x1r1yEDdwggynwWmku+QkZoCY/

Onde?
Na aula do Laboratorio de Ciencia de Materiais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos – UDC:
Campus de, 15008 San Vicenzo de Elviña, A Coruña.
Por motivo de aforo, trasládase a charla “12 – Radio Afición: del analógico al digital de la mano de la ciencia y la tecnología”, á Sala de Grados 2 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños.
https://maps.app.goo.gl/YiyASbKUxES3vGH7A
https://www.openstreetmap.org/?mlat=43.333342&mlon=-8.410040#map=19/43.333342/-8.410040

Talleres de iniciación a diferentes tecnoloxías
Nota importante: Aconséllase aos asistentes levar portátil co programa necesario instalado para o taller ao que se apunten (en cada descrición do taller atoparás unha ligazón ao proxecto onde poder descargar libremente cada programa ao que se fai referencia).

01 – Blender
Data: 7 de xullo
Hora: 12.00 a 14.00
Charla para comezar sen dor no complexo mundo do modelado 3D, a aplicación de materiais, a iluminación e o renderizado, da man duns dos proxectos de código aberto de maior éxito.
Relator: Sebastian Ríos Ernst
https://www.blender.org/

02 – Emacs: un tour guiado
Data: 9 de xullo
Hora: 12.00 a 14.00
Neste mini-taller coñeceremos o editor de texto Emacs. Revisaremos os compoñentes fundamentales do editor, os comandos básicos de Emacs e as funcionalidades básicas incluidas “de serie”. Entre elas o mítico org-mode.
Tamén lle botaremos unha ollada ás posibilidades funcionais máis avanzadas sen entrar na sua configuración detallada.
Relator: Sergio Alvariño
https://www.gnu.org/software/emacs/

03 – FreeCAD: Presentación da ferramente libre de deseño 3D
Data: 7 de xullo
Hora: 16.00 a 18.00
*** PRAZAS AGOTADAS ***
Nesta charla acercarémonos a FreeCAD, a ferramenta libre de deseño 3D. Deseñaremos un par de pezas sencillas para ver o fluxo de traballo básico e tamén revisaremos algún dos bancos de traballo dispoñibles. Por último miraremos os recursos de aprendizaxe que hai na rede.
Relator: Sergio Alvariño
https://www.freecad.org/index.php?lang=es_ES

04 – Robótica có robot Saponconcho XL
Este obradoiro consta de dúas sesións:
– A primeira dedicada á montaxe mecánico da estructura do robot e máis a circuitería do mesmo (sen soldadura).
– Na segunda sesión aprenderemos a programar o robot usando o IDE Arduino.
https://wiki.bricolabs.cc/es/guias/sapoconcho_xl
Data: 11 de xullo
Hora: 11.00 a 14.00 (montaxe do robot) e de 15.30 a 18.30 (programación do robot)
Relator: Sergio Alvariño

05 – Fotografía RAW con Darktable
Data: 9 de xullo
Hora: 16.00 a 18.00
Taller sobre uso da aplicación Darktable para edición de fotografías RAW e consellos sobre fotografía e retoque fotográfico.
Relator: Jorge Lama
https://www.darktable.org/

06 – Modificación de antenas para LoRa e Radioafición. Construción de antenas dipolo.
Data: 10 de xullo
Hora: 12.00 a 14.00
Aprenderemos a usar o analizador NanoVNA para a medición de parámetros de antenas e a súa creación e optimización.
Relator: Jorge Lama
https://nanovna.com/

07 – Como mellorar a accesibilidade dos teus contidos multimedia e ofimáticos
Data: 8 de xullo
Hora: 12.00 a 14.00
Consellos sobre a optimización dos teus contidos (textos, webs, vídeos, imaxes) no apartado da mellora da accesibilidade.
Relator: Jorge Lama
https://accesibilidadtl.gitlab.io/

08 – GIMP: Introdución ás ferramentas e funcións esenciais para a manipulación de imaxes
Este taller abrangue conceptos fundamentais como a xestión de capas, a selección e edición de imaxes, a aplicación de filtros e efectos e a creación de imaxes desde cero. Os participantes aprenderán a usar a interface de GIMP, familiarizaranse coas ferramentas de edición e retoque e crearán composicións visuais sinxelas.
https://www.gimp.org/
Data: 8 de xullo
Hora: 16.00 a 18.00
Relator: Jose Antonio Andrade Sandoval

09 – Ofimática libre con LibreOffice
LibreOffice: Un paquete de oficina gratuíto e de código aberto que ofrece ferramentas para crear e editar documentos, follas de cálculo, presentacións e moito máis, con formatos de ficheiro e unha interface intuitiva.
Aprenderás sobre os diferentes compoñentes principais e, ao final, poderás xestionalos, como: Writer, Impress e Draw.
https://es.libreoffice.org/
Data: 10 de xullo
Hora: 16.00 a 18.00
Relator: Jose Antonio Andrade Sandoval

10 – Penpot, HTML, CSS e JavaScript básico
Neste curso deseñarase e desenvolverase unha páxina web sinxela, apoiado en software open source como Penpot, VSCode e Firefox / Chromium.
Darase unha pequena introducción teórica a cada tecnoloxía por separado e despois pasarase a deseñar e desenvolver unha páxina sinxela que mostre contido servido por unha API REST.
https://penpot.app/
Data: 8 de xullo
Hora: 18.00 a 20.00
Relator: Manuel Santamariña

11 – Iniciación a Docker en GNU/Linux
As persoas participantes coñecerán as tecnoloxías de contedores e a súa importancia para integralas no seu proceso de administración de sistemas.
Docker estase a converter nunha das solución máis solicitadas para levar a cabo as implantacións de servizos na nube.
Ao rematar o taller, as persoas participantes terán os coñecementos necesarios para a xestión de contedores Docker nun entorno de servidor GNU/Linux.
En docker.gaioso.eu atoparedes os contidos que se van empregar.
https://www.docker.com/products/docker-desktop/
Data: 9 de xullo
Hora: 18.00 a 20.00
Relator: Rafael Gayoso

12 – Radio Afición: del analógico al digital de la mano de la ciencia y la tecnología
Un repaso a las diferentes tecnologías que han hecho crecer al hobbie y prácticas y modos que utilizamos, con Xavi del podcast CQ en frecuencia.
Por motivo de aforo, trasládase a charla “12 – Radio Afición: del analógico al digital de la mano de la ciencia y la tecnología”, á Sala de Grados 2 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños.
*** PRAZAS AGOTADAS ***
Data: 10 de xullo
Hora: 18.00 a 20.00
Relator: Xavier Haro Alvarez
https://cqenfrecuencia.com/

13 – OpenStreetMap (OSM): Un achegamento ao maior proxecto de creación e mantemento dunha base de datos xeorreferenciados a nivel global
Tras unha introdución na cal se falará da historia e do estado actual do proxecto, exporase as diferencias entre este proxecto colaborativo e aberto fronte a alternativas privadas e opacas.
Por último farase un repaso das principais ferramentas para engadir información á base de datos, así como das que empregan esta para construir diferentes mapas, saíndo desta charla sabendo de que forma cada persoa pode aportar e empregar OSM no seu día a dia.
https://www.openstreetmap.org/
Recoméndase asistir con:
- Imaxes/vídeos de elementos da rúa tales como: contedores de lixo, fontes, buzóns postais, pasos de peóns, bancos para sentarse, placas de nome de rúas, horarios de apertura de algún establecemento, etc (basicamente probas documentais de elementos que existan para engadilos á base de datos de OSM).
- PC, tablet e/ou smartphone.
Data: 7 de xullo
Hora: 18.00 a 20.00
Relator: Alejandro Fernández
Inscrición nos talleres
Xa está aberta a inscrición. Manda un correo indicando que talleres che interesan a:
bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es
Repositorio das presentacións e materiais usados nos talleres
Podedes acceder aos contidos a través desta ligazón:
https://archive.org/details/escuela-verano-esf-galicia-2025
ou desta outra:
https://archive.org/download/escuela-verano-esf-galicia-2025