O próximo Repair Café organizado polo Banco de Reciclaxe Electrónica de ESF Galicia terá lugar:
Data: venres, 20 de xuño de 2025
Horario: 17.30 a 20.30 horas
Lugar: Domus da Coruña, R. Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña
Mapa en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/ZcyXW9G84C1D7pLZ6
Mapa en OpenStreetMap: https://www.openstreetmap.org/?mlat=43.37761&mlon=-8.40625#map=19/43.37761/-8.40625
geo:43.37761,-8.40626?z=17

Imaxes dos Repair Cafés anteriores





¿E iso dos Repair Cafés, que son?
Un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se te ocorra.
¡Ola! O noso Repair Café forma parte da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónico con Software Libre de Galicia, que ten varios obxectivos:
- A difusión das tecnoloxías libres e a soberanía dixital.
- A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil. Isto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.
- A redución da fenda dixital.
Actualmente existen 5 bancos en Galicia, que xorden da colaboración de varias asociacións e a implicación de ONG de carácter social, que nos permiten canalizar os equipos cara ás persoas que os necesitan.
Buscamos ir máis aló da reparación dos equipos, impartindo formacións sobre o uso destas tecnoloxías e talleres de reparación. Tamén damos charlas en institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación e qué ocorre coa súa eliminación.
Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia). Na Coruña, están implicadas persoas voluntarias da asociación Enxeñería Sen Fronteiras e Bricolabs.
