Nova edición da “Escola de Inverno de Enxeñería Sen Fronteiras”

Sesións de tecnoloxías libres, minicharlas e Repair Cafés

Unha serie de talleres e charlas gratuítas de introdución a diferentes ferramentas ou proxectos libres que nos gustan en ESF (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia).
Non é necesario ter coñecemento sobre a materia a tratar, son talleres e charlas introdutorias.

Cando?

Esta segunda sesión da Escola de Inverno terá lugar o 24 de outubro de 2025, en horario de 17.30 a 20.30.

Onde?

Queremos levar estas actividades por toda a cidade, así que esta segunda sesión terá lugar en:

Lugar: Domus da Coruña, R. Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña

Mapa en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/ZcyXW9G84C1D7pLZ6

Mapa en OpenStreetMap: https://www.openstreetmap.org/?mlat=43.37761&mlon=-8.40625#map=19/43.37761/-8.40625
geo:43.37761,-8.40626?z=17

Mapa onde atopar a Domus na Coruña

Segunda sesión da Escola de Inverno

Inscrición na sesión

Xa está aberta a inscrición. Manda un correo indicando que talleres che interesan a:
bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es


Imaxes dos Repair Cafés anteriores

¿E iso dos Repair Cafés, que son?

Un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se te ocorra.

¡Ola! O noso Repair Café forma parte da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónico con Software Libre de Galicia, que ten varios obxectivos:

  1. A difusión das tecnoloxías libres e a soberanía dixital.
  2. A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil. Isto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.
  3. A redución da fenda dixital.

Actualmente existen 5 bancos en Galicia, que xorden da colaboración de varias asociacións e a implicación de ONG de carácter social, que nos permiten canalizar os equipos cara ás persoas que os necesitan.

Buscamos ir máis aló da reparación dos equipos, impartindo formacións sobre o uso destas tecnoloxías e talleres de reparación. Tamén damos charlas en institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación e qué ocorre coa súa eliminación.

Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia). Na Coruña, están implicadas persoas voluntarias da asociación Enxeñería Sen Fronteiras e Bricolabs.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio