
Sesións de tecnoloxías libres, minicharlas e Repair Cafés
Serie de talleres e charlas gratuítas de introdución a diferentes ferramentas ou proxectos libres que nos gustan en ESF (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia).
Non é necesario ter coñecemento sobre a materia a tratar, son talleres e charlas introdutorias.
Cando?
Esta primeira edición de 2026 terá lugar o 30 de xaneiro de 2025, en horario de 17.30 a 20.30.
Onde?
Queremos levar estas actividades por toda a cidade, así que esta sesión terá lugar en:
Librería A Tobeira de Oza
R/Merced, 24, baixo, 15009, A Coruña
https://www.openstreetmap.org/?#map=19/43.352985/-8.396253
https://maps.app.goo.gl/vXt7HZXbZRXzxtnE9

Primeira sesión de 2026 da Escola de Inverno
- Charla sobre ghuifi, converte un enrutador obsoleto nunha WLAN illada cun servidor FTP para compartir todo tipo de contido!
Punto ghuifi é un proxecto que pretende converter a maior cantidade posible de routers obsoletos en servidores FTP para compartir arquivos en redes Wi-Fi sen conexión a Internet.
https://codeberg.org/bluepasser/.ghuifi/wiki/gl
De 17.30 a 19.00 - Minicharla sobre ferramentas avanzadas para oficina
Indexación de documentos para búsquedas avanzadas, traballo con pdf’s…
De 19:00 a 19.15 - Repair Café colaborativo
De 17.30 a 20.30
Inscrición na sesión
Xa está aberta a inscrición. Manda un correo indicando que talleres che interesan a:
bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es

Imaxes dos Repair Cafés anteriores





¿E iso dos Repair Cafés, que son?
Un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se te ocorra.
¡Ola! O noso Repair Café forma parte da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónico con Software Libre de Galicia, que ten varios obxectivos:
- A difusión das tecnoloxías libres e a soberanía dixital.
- A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil. Isto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.
- A redución da fenda dixital.
Actualmente existen 5 bancos en Galicia, que xorden da colaboración de varias asociacións e a implicación de ONG de carácter social, que nos permiten canalizar os equipos cara ás persoas que os necesitan.
Buscamos ir máis aló da reparación dos equipos, impartindo formacións sobre o uso destas tecnoloxías e talleres de reparación. Tamén damos charlas en institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación e qué ocorre coa súa eliminación.
Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia). Na Coruña, están implicadas persoas voluntarias da asociación Enxeñería Sen Fronteiras e Bricolabs.