Repair Café de xullo

Cando?

Este Repair Café terá lugar o 31 de xullo de 2026, en horario de 17.30 a 20.30.

Onde?

Queremos levar estas actividades por toda a cidade, así que esta sesión terá lugar en:
A Miñoquiña
Lugar de Corpo Santo
Tabeaio

Mapa en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/ka5ApMPY5XXEGhPy9?g_st=atm

Inscripción na sesión

Agradecemosche que nos avises se vas a vir e que nos comentes se queres o que vas a intentar reparar no correo salvari@protonmail.com


¿E iso dos Repair Cafés, que son?

Un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se te ocorra.

¡Ola! O noso Repair Café forma parte da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónico con Software Libre de Galicia, que ten varios obxectivos:

  1. A difusión das tecnoloxías libres e a soberanía dixital.
  2. A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil. Isto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.
  3. A redución da fenda dixital.

Actualmente existen 5 bancos en Galicia, que xorden da colaboración de varias asociacións e a implicación de ONG de carácter social, que nos permiten canalizar os equipos cara ás persoas que os necesitan.

Buscamos ir máis aló da reparación dos equipos, impartindo formacións sobre o uso destas tecnoloxías e talleres de reparación. Tamén damos charlas en institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación e qué ocorre coa súa eliminación.

Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia). Na Coruña, están implicadas persoas voluntarias da asociación Enxeñería Sen Fronteiras e Bricolabs.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio