Próximo Repair Café – 1 de xuño

O próximo Repair Café organizado polo Banco de Reciclaxe Electrónica de ESF Galicia terá lugar:

Data: sábado, 1 de xuño
Horario: 11.00 a 14.00
Lugar: Domus da Coruña, R. Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña

Mapa en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/ZcyXW9G84C1D7pLZ6

Mapa en OpenStreetMap: https://www.openstreetmap.org/?mlat=43.37761&mlon=-8.40625#map=19/43.37761/-8.40625
geo:43.37761,-8.40626?z=17

Mapa onde atopar a Domus na Coruña

Inscrición

Podes anotarte ao próximo Repair Café enviando un correo a:
bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es

Imaxes do I Repair Café na Domus – 26 de abril

Acerca deste evento

Primeiro dos Repair Cafés mensuais que tivo lugar no museo Domus da Coruña, ao longo deste ano 2024.

¿E iso dos Repair Cafés, que son?

Un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se te ocorra.

Máis información a través do correo bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es ou do teléfono 616482579.

¡Ola! O noso Repair Café forma parte da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónico con Software Libre de Galicia, que ten varios obxectivos:

  1. A difusión das tecnoloxías libres e a soberanía dixital.
  2. A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil. Isto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.
  3. A redución da fenda dixital.

Actualmente existen 5 bancos en Galicia, que xorden da colaboración de varias asociacións e a implicación de ONG de carácter social, que nos permiten canalizar os equipos cara ás persoas que os necesitan.

Buscamos ir máis aló da reparación dos equipos, impartindo formacións sobre o uso destas tecnoloxías e talleres de reparación. Tamén damos charlas en institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación e qué ocorre coa súa eliminación.

Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia). Na Coruña, están implicadas persoas voluntarias da asociación Enxeñería Sen Fronteiras e Bricolabs.

1 comentario sobre “Próximo Repair Café – 1 de xuño”

  1. Pingback: Boletín Oficial ESFeiro: maio 2024 - ESF Galicia

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio