Taller de iniciación á soldadura electrónica – 14 de xuño

O venres 14 de xuño, terá lugar na Domus da Coruña, o “Taller de iniciación á soldadura electrónica” que o Banco de Reciclaxe Electrónica de ESF está organizando en colaboración coa xente de Bricolabs e do Museo Domus.

O taller terá lugar entre as 17.00 e as 20.00 horas.

Lugar: Domus da Coruña, R. Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña

Mapa en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/ZcyXW9G84C1D7pLZ6

Mapa en OpenStreetMap: https://www.openstreetmap.org/?mlat=43.37761&mlon=-8.40625#map=19/43.37761/-8.40625
geo:43.37761,-8.40626?z=17

Mapa onde atopar a Domus na Coruña

Neste taller levaranse a cabo varias prácticas guiadas de soldadura con estaño de compoñentes electrónicos. Para poder montar e reparara aparatos electrónicos, ter unhas nocións básicas de soldadura é fundamental.

varios cables soldados a un potenciómetro
Varios cables soldados con estaño a un potenciómetro
Soldador e varios cables estañados

Inscrición

O taller é gratuíto pero é necesaria a inscrición previa, a través do correo electrónico:
bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es

Aparello de soldadura por puntos
Aparello de soldadura por puntos

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio