Taller sobre bicis eléctricas e mantemento de baterías – 22 de xuño

O próximo 22 de xuño organizamos un “Taller sobre bicis eléctricas e mantemento de baterías” entre o Banco de Reciclaxe Electrónica de ESF Galicia e o Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames.

Data: sábado, 22 de xuño
Horario: 11.00 a 14.00
Lugar: Rúa Agro do Medio, 6, 15895 O Milladoiro, A Coruña. Oficina de Software libre de Ames.

Mapa en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/KCwbdn1cms65G2D29

Mapa en OpenStreetMap: https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.84443&mlon=-8.57802#map=19/42.84443/-8.57802

geo:42.84443,-8.57802?z=19

Sobre o taller

Neste taller veremos as opcións que temos para converter en eléctrica a nosa bicicleta, consellos sobre mantemento e reparacións das bicis eléctricas, así como consellos para o mantemento das baterías dos aparatos eléctricos/electrónicos.

Inscrición

Podes anotarte a este taller enviando un correo a:
bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es

Bici convertida a eléctrica

Imaxes doutros talleres organizados polos bancos de reciclaxe

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio