Repair Café en Ames – 8 de xuño

O próximo 8 de xuño organizamos un Repair Café entre o Banco de Reciclaxe Electrónica de ESF Galicia e o Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames

Data: sábado, 8 de xuño
Horario: 11.00 a 14.00
Lugar: Rúa Agro do Medio, 6, 15895 O Milladoiro, A Coruña. Oficina de Software libre de Ames.

Mapa en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/KCwbdn1cms65G2D29

Mapa en OpenStreetMap: https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.84443&mlon=-8.57802#map=19/42.84443/-8.57802

geo:42.84443,-8.57802?z=19

Inscrición

Podes anotarte ao Repair Café enviando un correo a:
bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es

Imaxes doutros Repair Cafés organizados polos bancos de reciclaxe

Imaxes do I Repair Café na Domus - 26 de abril
Varias persoas distribuidas en 4 mesas arranxando varios aparatos electrónicos

Acerca deste evento

Primeiro dos Repair Cafés mensuais que tivo lugar no museo Domus da Coruña, ao longo deste ano 2024.

¿E iso dos Repair Cafés, que son?

Un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se te ocorra.

Máis información a través do correo bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es ou do teléfono 616482579.

¡Ola! O noso Repair Café forma parte da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónico con Software Libre de Galicia, que ten varios obxectivos:

  1. A difusión das tecnoloxías libres e a soberanía dixital.
  2. A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil. Isto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.
  3. A redución da fenda dixital.

Actualmente existen 5 bancos en Galicia, que xorden da colaboración de varias asociacións e a implicación de ONG de carácter social, que nos permiten canalizar os equipos cara ás persoas que os necesitan.

Buscamos ir máis aló da reparación dos equipos, impartindo formacións sobre o uso destas tecnoloxías e talleres de reparación. Tamén damos charlas en institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación e qué ocorre coa súa eliminación.

Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia). Na Coruña, están implicadas persoas voluntarias da asociación Enxeñería Sen Fronteiras e Bricolabs.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio